Obra Social | CaixaGalicia Corporación | CaixaGalicia.es
Español | Galego

Enderezo:
Cantón Grande 21- 24
15003 A CORUÑA
Teléfono: 981 18 50 60
Horario do edificio
9.00h a 21.00h. Luns a domingo, festivos incluidos
Horario de exposicións
12.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h de luns a venres
12.00h a 21.00h sábados, domingos e festivos
O edificio da nosa sede na Coruña, un proxecto do arquitecto británico Nicholas Grimshaw, achega unha obra vangardista ao patrimonio arquitectónico da cidade e de Galicia e completa a fisonomía do Cantón Grande ao permitir, grazas a un enorme corredor interior, que o edificio funcione como vía de conexión entre a rúa da Estrella e os Cantones.
O deseño da fachada, expresión máxima da combinación de dous materiais: o pétreo, de gran tradición na arquitectura galega e o metálico, aseméllase á crista dunha ola mariña internándose nos Cantóns e rompendo nunha fachada de cristal retroiluminada, o que supón unha reinterpretación das características galerías da Marina.
Ao mesmo tempo, o edificio, xa coñecido como a ola de cristal, respecta un dos elementos identificativos das nosas sedes, que non é outro que a aposta pola luz natural a través dun corte cenital.
Concibido como centro cultural de referencia, nos seus 7.692 metros cadrados, distribuídos en doce andares, ubícase un salón de actos equipado cos últimos avances tecnolóxicos nos sotos do edificio, catro salas de exposicións distribuídas en distintas plantas e dotadas dun sistema de información baseado na tecnoloxía bluetooth, unha sala de escultura, a sala de prensa e outros espazos dedicados a obradoiros.
© 2010 Fundación Caixa Galicia. Rúa Nueva, 30 A Coruña 15003 Tel. +34 981 95 31 86
Todos los derechos reservados.