Obra Social | CaixaGalicia Corporación | CaixaGalicia.es
Español | Galego
Salas de exposiciones sede - Sede Fundación Caixa Galicia (A Coruña) - A CORUÑA. 30 outubro 2009 - 04 abril 2010
Luns a venres: 12:00 h. a 14:00 h. e 16:00 h. a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos: 12:00 h. a 21:00 h.
Visitas guiadas para público en xeral: luns, mércores e venres ás 18:30 h.
Para grupos, concertar cita no 981 185 060
Numerosas persoas visitaron Galicia ao longo dos anos movidas por un especial interese cara a nosa cultura. Na actualidade conservamos dalgúns dos visitantes máis metódicos e curiosos un extenso legado no que se recolle a súa particular visión, que agora podemos descubrir na Sede Fundación Caixa Galicia de Ferrol (a partir do 20 de maio) e mais no Centro Sociocultural FCG de Vigo (a partir do 27 de maio) coa monumental obra de Ruth Matilda Anderson (1893-1983), fotógrafa e etnógrafa da Hispanic Society of America en Nova York, que percorreu Galicia entre 1924 e 1926.
A presente mostra, “Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano”, despois de ter estado na cidade da Coruña nos últimos meses, repártese agora entre Ferrol e Vigo para exhibir o amplo legado de Ruth Matilda Anderson. Estamos ante o maior arquivo fotográfico de Galicia, caracterizado pola súa gran calidade e pola vasta información que nos achega, tamén a nivel textual. Ata o 9 de xaneiro de 2011, somos espectadores da nosa propia historia, desde Ferrol e Vigo.
Comisarios: Miguel Anxo Seixas Seoane e Patrick Lenaghan
Esta actividade é posible grazas á colaboración entre a Hispanic Society of America e a Fundación Caixa Galicia
© 2010 Fundación Caixa Galicia. Rúa Nueva, 30 A Coruña 15003 Tel. +34 981 95 31 86
Todos os dereitos reservados.